Doble Titulación
O máster permite obter unha dobre titulación internacional da Universidade da Coruña – Universidade dos Estudos de Palermo ao completar un segundo ano na universidade italiana.
Estudos de Palermo
Con este programa, obterás un máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética pola Universidade da Coruña e un máster en Bioloxía Molecular e Sanitaria pola Universidade de Palermo. Terás que completar un total de 60 créditos ECTS na UNIPA (incluíndo os créditos da tese de máster) e defender a túa tese publicamente nesa universidade.
Enlaces de interese
As seguintes ligazóns ofrecen detalles sobre o acordo de dobre titulación, así como información sobre os grupos de investigación que ofrecen teses de máster na UNIPA.
Mención de Máster Universitario de Excelencia pola Xunta de Galicia