Plan de estudos
TFM
Trátase dun traballo individual realizado polo/a estudante baixo a dirección de, polo menos, un dos profesores do máster e no que se achegará á investigación nunha das áreas temáticas do mesmo.
A oferta de traballos experimentais por parte dos profesores actualízase cada curso e o listado de temas para a realización do TFM publícase na WEB en xuño do curso anterior.
Sobre o TFM
O/a estudante realizará un traballo experimental integrado nun grupo de investigación ou, alternativamente, realizará un proxecto. O TFM tamén poderá ser desenvolvido nunha empresa ou institución colaboradora.
Normativas e regulamentos
Documentación relativa á tramitación de TFM
Tribunais
Rúbricas
A rúbrica é unha ferramenta obxectiva de aplicación dos criterios de avaliación do TFM. Nela descríbense os criterios e niveis de desempeño necesarios para cualificar o traballo escrito e a defensa pública.
Rúbricas/informes de cualificación de directores/as e tribunaisTribunais
Documentos para a cualificación final
Como presentalo?
Nos seguintes apartados poderá ver as ligazóns asociadas á parte administrativa de SIGMA, así como diferentes vídeos necesarios para os trámites da publicación do traballo no Repositorio institucional da UDC (RUC).